miércoles, 3 de febrero de 2016

A miña experiencia no proxecto

Cando propuxéronnos a idea de realizar este proxecto ao principio pareume diferente aos proxectos anteriores e era unha idea que gustábanos, pero comezamos a buscar empresas ao principio individualmente e despois en grupos, pero con ningunha sentíamos o que tiñámos que sentir, ninguna gustábanos o suficiente para adicarlle o noso tempo, algunhas destas empresas foron `Plascies´, que contestounos pero non era o que realmente buscábamos. Logo tentamos contactar con `Vigo sustentable´, pero levamos un chasco, xa que non se adicaba directamente ao que pediannos.
Cando atopamos `Rinoceronte editora´, recomendada pola nosa profe Susana, aínda que foi difícil chegar ata elasentimos esa ilusión, que polo menos eu necesitaba sentir. Atopamos algun que outro inconvinte, xa que se atopaba en Cangas e non era unha opción visitala en horario escolar, pero conseguimos concertar unha entrevista un martes pola tarde.
Chegamos alí, e atopamos a Moisés, o creador da empresa, e despois deixounos nas mans de Eva, a que respondeu moi amablemente a todas as nosas preguntas, e así puidemos realizar todo este proxecto.
Persoalmente, creo que traballamos moi ben el equipo, xa que todas puidemos visitar a empresa e asñi traballar mellor sobre ela, aínda que non sempre traballamos o mesmo.
Durante o proxecto aprendín a traballar mellor en equipo e a concienciarme da gran labor qu realizan as empresas de consumo sustentable.
O máis difícil foi atopar unha empresa e poder entrar en contacto con ela e traballala.
O que me resultou máis fácil foi a entrevista con Eva, xa que aprendimos moito e puidemos completar todo o que o proxecto exisixía e tamén axudoume traballar en grupo.
Si tivese que repetirlo pediría que nos deixasen máis tempoe fosen máis comprensibles para atopar a empresa , porque non é unha tarea fácil.
Non cambiaría a empresa, a volvería a elexir mil veces, polo aprendido, a amabilidade e o trato recibido.
En conclusión, que ao principio costoume un pocuco engancharme á empresa e encontrala, pero despois sentinme moi cómoda traballandoa e repetiría esta experiencia con un chisquiño máis de tempo.


martes, 2 de febrero de 2016