domingo, 12 de marzo de 2017

DIARIO DE APRENDIZAXE

A verdade é que estou bastante contenta co traballo que finalmente resultou do todo o noso esforzo xa que o tempo que tivemos para facelo foi moi xustiño.
Na primeira sesión a profesora explicounos en que consistía a tarefa e deixounos 15 minutos para poder entrar en contacto cos nosos temas e facernos unha idea do traballo que íamos  a realizar. Na segunda sesión estivemos Paula e mais eu resumindo e collendo o contido máis importante do noso documento, mentres Diego e Tamara comezaron a buscar as fontes primarias para a realización do noso video.
Na seguinte sesión tivemos que esperar para realiozar a nosa grabación coa grabadora proposta e dispuxemos de moi pouco tempo para facelo, polo que foi unha clase case perdida na que non puidemos sacar nada de traballo feito.
Na penultima sesión dedicámonos a grabar a maior parte e a que nos sobrteou a completar a información sobre ops documentos que ían ser utilizados no video.
Chegou a última sesión e faltábannos a metade das fontes preimarias polo que finalmente na clase non nos deu tempo, xa que os nosos ordenadores funcionaban bastante mal e non nor organizamos moi ben.
Pero o importante é que ao final conseguimosd subir o video na data determinada e aprencimos moitas cousas realizando este proxecto.

domingo, 27 de noviembre de 2016

Sesión 3

Paula e mais eu estivemos pasando os datos recollidos nas sesións anteriores ao excel do timeline e Pedro e Jacobo estiveron buscando información para cada feito.

Narrativa Sintética

Sesión 2

Paula e eu estivemos redactando os feitos do noso apartado e escollendo a infornmación máis importante e Jacobo e Perdro estiveron aportando información de recursos webs.